O pasado 22 de novembro  reuniuse no Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación (IME) en sesión plenaria, o Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) formado por representantes elixidos de todos os sectores da educación -administracións públicas, ANPAs, profesorado, alumnado, entidades veciñais, empresarios, sindicatos e asociacións vinculadas ao mundo do ensino. Presidiu esta sesión plenaria a Concelleira delegada de educación Olga Alonso Suárez, que aproveitou a ocasión para transmitirlles aos presentes o total compromiso que o Concello de Vigo ten co ensino e a intención desta Concellería de Educación de seguir traballando e apostando decididamente na procura da mellora da calidade do ensino.

Entre os acordos que se adoptaron nesta sesión cabe salientar os seguintes:

  • Aprobar a Memoria Anual da Actividade do CEMV durante o curso 2017-2018. Esta Memoria, que se elabora ao remate de cada curso lectivo escolar por mandato estatutario, recolle cal foi a actuación do CEMV durante o curso, explicando de xeito conciso cada unha das principais actuacións levadas a cabo por este órgano colexiado.
  • Aprobar os plans de traballo anual das Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa e Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa. A primeira centrará os seus esforzos na zonificación de Vigo e a segunda na celebración dunhas xornadas de Convivencia e Deporte para público escolar que se celebrarán no mes de febreiro de 2019. 
  • Aprobar por maioría de votos emitidos (11 votos favorables e 1 abstención) a moción de Foanpas  presentada a través da Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa sobre a adopción das medidas oportunas para garantir unha educación inclusiva e de calidade, na que se dea resposta ás necesidades de todo o alumnado e na poña en valor a labor dos/as docentes
  • Aprobar por maioría de votos emitidos (11 votos favorables e 1 abstención) a moción de Santiago Rodríguez Sánchez, Conselleiro polo sector docente CIG-E presentada a través da Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa sobre a necesidade dunha nova proposta de zonificación que responda aos intereses e necesidades de Vigo.
  • Aprobar por maioría de votos emitidos (11 votos favorables e 1 abstención) as mocións de Foanpas presentadas a través da Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa solicitando que se inste á Consellería de Educación a adecuar a oferta de formación profesional á demanda e se amplíe naqueles ciclos que sexa preciso e que se acondicionen  as instalacións dos centros de ensino para que a temperatura que se acade nas aulas permita desenvolver a actividade educativa con normalidade.
  • Aprobar por unanimidade a moción de Foanpas presentada a través da Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa sobre a necesidade dunha actuación integral no entorno da zona do Berbés-Torrecedeira,  co fin de reparar a situación que se leva dando os últimos anos e que está a afectar á convivencia na zona, así como a repercusión que ten na imaxe da cidade.
  • Aprobar por unanimidade a moción de Foanpas presentada a través da Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa sobre a necesidade dunha actuación integral no entorno da zona do Berbés-Torrecedeira,  co fin de reparar a situación que se leva dando os últimos anos e que está a afectar á convivencia na zona, así como a repercusión que ten na imaxe da cidade.
  • Aprobar por unanimidade as mocións de Pilar Álvarez Rey, Conselleira polo sector social, representante de directores/as de Ed. Primaria,presentada  a través da Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa sobre o servizo de limpeza nos centros de ensino e solicitando que se aumente a dotación de Autoxestión para os centros e que veña en tempo, posto que de xaneiro a maio non teñen cartos desta partida para arranxos de mantemento nos colexios.

 

 Cancelación das Xornadas Convive Xogando do CEMV

Imprimir cemv - 30-Maio-2018 - 19:52:35  

O Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) vese na obriga de cancelar as xornadas didácticas municipais "Convive Xogando", previstas para os días 28, 29 e 30 de maio no Auditorio Municipal. Lamentamos as molestias. 
 

 Xornadas didácticas "Convive Xogando"

Imprimir cemv - 11-Maio-2018 - 17:09:03  

Programa Convive Xogando
O Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV) organiza as xornadas didácticas municipais "Convive Xogando", cuxo obxectivo é amosar a importancia da convivencia e do respecto na práctica deportiva a través do testemuño de recoñecidos/as deportistas que practican diferentes disciplinas deportivas. 

As xornadas celebraranse os vindeiros 28, 29 e 30 de maio no Auditorio Municipal. Durante as mañás a actividade estça dirixida a centros educativos,  e poderán participar por cada centro educativo ata un máximo de 3 grupos-aula de 1º e/ou 2º da ESO. As xornadas centraranse nas seguintes temáticas que se tratarán nas mesmas: Deporte e Muller / Deporte e Diversidade / Deporte e Xogo Limpo. Cada centro educativo poderá escoller que día quere participar dependendo do tema que se trate. Poden descargar o programa no seguinte enlace: Programa.
<<Decembro  2018>>
L
M
Me
X
V
S
D
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 
 
Consello Escolar Municipal de Vigo
Praza do Rei s/n, 11° andar, 36202 Vigo | Telf: 986 810 181 | Fax: 986 221 726
Política de protección de datos | Contacto